Durante a crise financieira iniciada en 2008, o Estado adoptou medidas restritivas en materia de emprego público, entre elas a ampliación da xornada ordinaria ata as 37,5 horas semanais, co obxectivo de controlar o déficit e conter o gasto estrutural das administracións públicas.
Non obstante, as condicións que xustificaron aquelas decisións mudaron substancialmente. España xa saíu do procedemento de déficit excesivo e as comunidades autónomas presentan, en termos xerais, estabilidade presupostaria recoñecida polo Ministerio de Facenda.
O punto de inflexión normativo chegou cola Ley de Presupostos Xerais do Estado para 2023, que eliminou as restriccións que impedían ás administracións autonómicas recuperar a xornada de 35 horas, sempre que se cumpran os criterios de estabilidade. Ao tempo, o Acordo Marco para unha Administración do Século XXI, subscrito en outubro de 2022 entre o Goberno de España e os sindicatos Unión General de Trabajadores (UGT) e Comisiones Obreras (CCOO), contempla a recuperación progresiva de dereitos laborais, incluida a xornada de 35 horas no ámbito da Administración Xeral do Estado (AGE) mediante negociación colectiva.
Nas últimas actualizacións da negociación estatal, UGT e CCOO reiteraron a exixencia de culminar a implantación efectiva da xornada de 35 horas na AGE durante 2026, reclamando calendarios concretos e garantías presupostarias para a súa aplicación homoxénea na totalidade de ministerios e organismos públicos, así como a súa extensión a entes e sociedades públicas dependentes.
Precedentes en otras comunidades y entes públicos
Diversas comunidades autónomas xa subscribiron acordos coas organizacións sindicais para implantar ou recuperar a jornada de 35 horas no sector público, entre elas Andalucía, La Rioja, Castela A Mancha, Castela e León, Murcia, Aragón, Extremadura, Cantabria, Baleares e Navarra.
No ámbito dos medios de comunicación e entidades públicas estatais, destaca o acordo acadado en 2023 en Radiotelevisión Española (RTVE), onde o cadro de persoal recuperou a xornada de 35 horas trala negociación coas centrais sindicais.
Por outra parte, en xaneiro de 2025 asinouse un acordo en Correos, sociedade estatal participada pola SEPI, xunto a UGT e CCOO, que consolida a reducción de xornada dentro do seu marco laboral. Tamén se produciron avances sectoriais en servizos de saúde autonómicos como o Servicio Aragonés de Salud, na sanidade pública valenciana así como en Castela e León.
Precedentes en Galicia
En Galicia existen antecedentes claros que lexitiman a aplicación desta medida no conxunto do sector público autonómico. En abril de 2023, a Mesa Sectorial de Sanidade acadou un acordo para o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) que prevía xa entón unha redución progresiva da xornada ata acadar as 35 horas semanais ao longo de 2025, afectando tanto a persoal con quenda fixa como rotatoria en atención primaria, hospitalaria e urxencias.
A este acordo súmase o asinado por UGT e CCOO cola Xunta de Galicia no ámbito de Política Social, que inclúe, entroutras melloras, a recuperación da xornada de 35 horas semanais.
Situación en la actual CSAG
No caso concreto da CSAG (anteriormente CRTVG), o Comité Intercentros solicitou formalmente o 13 de outubre de 2023, no marco da negociación celebrada no Consello Galego de Relacións Laborais, que a Dirección de Recursos Humanos iniciara as xestións necesarias para recuperar os dereitos suspendidos desde a entrada en vigor da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público de Galicia.
Dita norma, aprobada nun contexto de excepcionalidade económica, establecía o carácter temporal dos recortes aplicados. O actual convenio colectivo da CSAG (en ultraactividade desde 2015) contempla expresamente que, en caso de modificación favorable da lexislación estatal que regula a xornada laboral do emprego público, esta será de aplicación inmediata. En ausencia de norma superior, a jornada ordinaria semanal será de 35 horas traballadas en cinco días consecutivos.
UGT FesMC considera que a lexislación estatal vixente xa permite esta redución e que existe un apoio político e sindical suficiente para a súa aplicación en Galicia e en concreto no caso da sociedade mercantil pública da CSAG, como demostran os acordos acadados noutros sectores e territorios.
Solicitud formal
UGT FesMC entende que, despois de máis dunha década de esforzo e contención por parte do persoal, chegou o momento de recuperar plenamente os dereitos laborais suspendidos e avanzar cara un marco de condicións laborais acorde coa realidade económica e normativa actual.
Por todo o exposto e en consonancia coas negociacións levadas a cabo no marco estatal para a implantación efectiva da jornada de 35 horas na AGE, UGT FesMC solicita ao Goberno da Xunta de Galicia a apertura inmediata dunha mesa de negociación para restituir a jornada de 35 horas semanais na CSAG, tal e como se aplicaba antes das medidas restrictivas de 2012.
O sindicato reclama que esta medida quede incorporada expresamente no novo convenio colectivo actualmente en negociación, seguindo o modelo de implantación xa aplicado noutras comunidades autónomas e entidades públicas del Estado.



